Etiquetas

miércoles, 25 de octubre de 2017

SAÍDA Á PRAZA DAS NEVES PARA PEDIR QUE TODO VOLVA A SER VERDE

Co gaio de concienciar da importancia das plantas e do desastre que provocou o incendio, saímos á praza. Vestidos de cor escura e con globos verdes quixemos pedir que co esforzo de todos e todas volva o verde ao concello de As Neves. 



Quédavos unha presentación máis completa coas fotos da saída na web do colexio, picade AQUÍ para vela.


Así vivimos os nenos e nenas de 2º o incendio

viernes, 13 de octubre de 2017

PLANTAMOS UNS GARAVANZOS

Falamos dos seres vivos e agora imos entrar en profundidade nun dos grupos de seres vivos. As plantas. Para iso comezamos coa nosa primeira plantación, para a que escollemos os garavanzos e queremos ver como lle sae o raíz. A ver se somos capaces. Logo tocará observar, anotar o que ocorre, o tempo que lle leva e sobre todo coidala para que creza ben.


SERES VIVOS E MATERIA INERTE

En Ciencias da Natureza estamos traballando sobre os Seres Vivos e a Materia Inerte. Falamos de aquilo que nos identifica aos seres vivos. E neste grupo pois conseguimos poñer 6 características, as que lle chamamos as palabras máxicas dos Seres Vivos. E así nos quedou o mural.




 E este foi un video que vimos para axudarnos a enteder o tema:


COLOREAMOS COMO PICASSO

Un dos proxectos nos que estamos inmersos nestes momentos é o de Picasso. Xa sabedes algunhas cousiñas e hoxe imos mostrarvos o resultado dese cadro que tivemos que colorear seguindo o exemplo de Picasso. Esperamos que vos guste o resultado tanto como nos gustou a nós.


Benvidos e benvidas

Benvidos e benvidas a esta aventura. Estamos en 2º de primaria e imos aprender moitísimas cousas novas.

O importante é aprender a ler con comprensión e o razoamento matemático e  a investigación nas ciencias.

Ante todo queremos aprender mentres nos divertimos, falamos sobre os temas propostos e nos axudamos uns aos outros para avanzar.

Este será, en conxunto coa aplicación Classdojo, a nosa ferramenta para transmitir o que estamos a facer na aula.

Esperamos que vos guste e que poidamos publicar moitas das cousas que facemos ao longo do curso.